Site icon Crónica3.com A Mariña

O Resort Thalasso Las Sirenas volve agasallar ós socios laranxas

Burela 11-8-18. O Pescados Rubén Burela FS contará unha tempada máis co apoio do Resort Thalasso Las Sirenas de Viveiro para agasallar os socios laranxas cun 10% de desconto no seu servizo de Wellness. O director do complexo hostaleiro, José Pereira, recibiu na espectacular terraza panorámica o presidente burelista, Manuel Blanco, que acudiu á presentación dos abonos acompañado por Dany, Cristina e Pope.

Abonos dispoñibles, cunha invitación para o inicio de liga

Os socios/as laranxas poden recoller o seu carné 2018-19 na oficina da entidade (avenida Arcadio Pardiñas 97, entreplanta); cada abono irá acompañado dunha invitación extra para o inicio de liga, deste sábado, co enfrontamento de Segunda LNFS entre Pescados Rubén e Gran Canaria FS (Vista Alegre, 18.30 horas). Todos os interesados en abonarse tamén poden acudir á sede burelista para recibir toda a información.

Horario de atención ao público: De luns a xoves entre as 10.00-14.00 e as 16.00-19.00 horas e os venres de 10.00 a 14.00 horas

Coincidindo coa estrea da tempada e a xornada 1, os socios/as tamén poderán retirar este sábado en Vista Alegre o novo carné.

Tarifas de socios/as para 2017-18
Individual: 80 euros 
Familiar: 140 euros 
Xubilado: 50 euros 
Abono 25 (de 18 a 25 anos): 25 euros 
Menores de 18 anos: Gratuíto

Exit mobile version