Site icon Crónica3.com A Mariña

Os días 15 e 16 de setembro cita coa tradicional Romaría da Santa Eufemia no burgo de Trasbar (Cervo)

Trasbar, 02 de setembro de 2018.- Un ano máis o burgo de Trasbar, en Cervo, celebrará a tradicional Romaría da Santa Eufemia, unha cita coa súas festas patronais que inclúe un variado programa de actividades que se desenvolverán durante dous días: o sábado 15 e o domingo 16 de setembro.
Dous días de festa
Os actos comezarán o sábado, ás oito da mañá, coa elaboración da alfombra floral. A misa será ás 13.30h, cantada polo coro de Cervo, a continuación procesión e ao remate, todos os devotos que queiran poden achegarse a poñer a Santa. A sesión vermú que virá de seguido correrá a cargo da orquestra Emperadores. Xa pola noite, as orquestras Emperadores e Dúo E-pok serán as encargadas da verbena. Logo de rematar o baile, haberá caldo de balde.
O domingo a misa será ás 13.30h, cantada polo coro de Cervo, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo do dúo E-Pok, dando por rematado así o programa festivo deste ano.
Agradecementos
Dende o colectivo veciñal agradecen moi especialmente o gran esforzo económico que fan os veciños de Trasbar, así como a axuda de empresas e establecementos que colaboran e, tamén dun xeito especial, do Concello de Cervo.

Exit mobile version