Site icon Crónica3.com A Mariña

Pamplona e Madrid acollen esta semana cursos programados por Apaga, a asociación de profesores de automoción de Galicia, nos que participan preto de 40 persoas

Ribadeo, 5 de setembro de 2018. Seguen a celebrarse estes días as actividades programadas por Apaga (Asociación de Profesores de Automoción de Galicia) fora de Ribadeo. Un total de 25 persoas están a participar do 3 ao 6 de setembro nos cursos sobre novos equipos didácticos e de diagnose que se está a celebrar en Pamplona.
Outras doce persoas, profesores de automoción e técnicos de empresas, se darán cita en Madrid os días 6 e 7 de setembro para participar nun curso de pintura que se impartirá na empresa Axalta Coating Systems. Na cita abordaranse cuestións como imprimacións, masillas, aparellos, sistema húmido sobre húmido, reparación rápida e difuminados e sistemas e produtos Standox. Da Mariña desprázanse a Madrid para recibir esta formación catro persoas, dúas de Ribadeo, unha de Mondoñedo e unha de Barreiros.
Estas dúas son as primeiras actividades programadas por Apaga fora de Ribadeo.

Exit mobile version