Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do Número 2 de Candea Branca

O Valadouro 2-9-18. Este pasado sábado, día 1 de setembro, no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz, o Seminario de Estudos do Valadouro presentou o Número 2 da súa revista Candea Branca. Arredor de medio centenar de persoas asistiron ó acto, entre socios e colaboradores da publicación. Dixeron unhas palabras Pepe Peinó, Presidente do SEVA, e Lionel Rexes, protagonista da portada da revista e membro do SEVA, que tamén colabora na revista cun artigo.
No acto estaban presentes personalidades da cultura da Mariña, como a deseñadora Reme Espantoso, o historiador Juan Ramón Fernández Pacios, o escritor Isaac Ferreira, o ilustrador Pepe Blanco, ou o investigador Andrés García Doural. Tamén asistiron uns cantos rapaces que publicaban artigos na revista, pois esta inclúe un apartado destinado á xente nova do Val. Igualmente estiveron presentes o Alcalde de Alfoz, Jorge Val, e o Concelleiro de Cultura, Xabier Pardiñas, ambos socios do SEVA.
“Candea Branca” inclúe artigos, entre outros, de Otero Regal, Pablo Mosquera, Pedro Rubal, Ramón Hermida, Lola Sánchez Orol, Alberto Geada, Arturo Mogo, Antonio Reigosa, Paco Piñeiro, Miguel Vila, Fran Bouso e Rita Morrigan, ademais de dúas extensas entrevistas a Ana Lorenzo (xornalista de TVE nacida en Alfoz) e Ramón Casas (Director do grupo teatral Ollomao e antigo profesor nos centros educativos de Alfoz).

Exit mobile version