Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentada a II Concentración de Clásicos de Xove

Xove, 21 de setembro de 2.018. Presentouse este venres na Praza do Centro Cívico de Xove a II Concentración De Vehículos Clásicos e Históricos, organizada pola Asociación Autoclásicos da Mariña Lucense, nunha convocatoria dirixida a coches e motos clásicos, na súa maioría de Galicia e Asturias.
Vaise desenvolver en Xove o vindeiro sábado, 29 de setembro, ó longo de todo o día.
A organización conta, para este evento, coa colaboración do Concello de Xove e de numerosas firmas comerciais de toda a Comarca.
Para realización desta xuntanza, fíxose unha convocatoria, que vai estar aberta ata o mesmo día da concentración. Neste intre as inscricións tanto de coches como de motos van a moi bo ritmo.
O Programa de actividades será o seguinte:
De 9:00 a 11:00 horas: Recepción de vehículos (coches e motos) na Praza do Centro Cívico. Todo o público asistente poderá admirar libremente os vehículos participantes, podendo ademais compartir experiencias cos seus propietarios.
Sobre as 11:30 horas:- Realización dun circutio polo Concello duns 10 kms con saída do Centro Cívico cara á vila, na parroquia de A Rigueira, continuando cara á Igrexa de San Miguel, en cuxa explanada se van ubicar os vehículos. Os participantes van aproveitar que é a Festa do San Miguel na Rigueira, participando na Misa e na Procesión, e visitando a fermosa contorna, coa área recreativa e a Ruta dos Muiños. Por parte da organización está previsto ofrecerlles un pequeño refrixerio na Área Recreativa.
A continuación a comitiva vai seguir cara ó Cruceiro para dirixirse á A Vara, pasando por Os Faroles, Igrexa de Xuances e baixada cara Area, onde tódolos participantes ás 15:00 horas, gozarán dun xantar no Restaurante Louzao. Unha vez rematado, a organización ten prevista a entrega de premios, para finalizar co sorteo dunha serie de produtos doados polos establecementos comerciais colaboradores.

Exit mobile version