Site icon Crónica3.com A Mariña

Regal Cerámica Participa este mes de setembro Nas feiras de Maison & Objet de Paris, do 7 o 11 en Intergift en Madrid do 12 o 16, e en Expohogar Otoño en Barcelona do 22 o 25

Viveiro 7-9-18. Expoñerá novidades feitas en Regal cerámicas, co catálogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 deseños novos, modificando tamén os acabados finais incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa….
Tamén empregando a colección de cerámica utilitaria, novas vaixelas, xogos de te, xogos de café, complementos de mesa, etc
Cabe destacar que na feira de París, na que leva participando 13 anos consecutivos, e onde se fan os contratos de exportacións en pequenas cantidades, dado que a producción é reducida, os clientes son galerías de arte de Alemania, Belxica, Inglaterra, Holanda, Portugal, Italia, Francia, Líbano, EEUU, Dubai…., na última edición, destacou un cliente de Shanghai (China), que mercou unha vaixela completa xunto con varias obras de autor.
Para a producción de Regal Cerámicas, as vendas nestes tres certámes de maioristas, equivale a case un 50% das ventas anuais, o resto realízase a través de representantes: Cataluña, Galicia, Málaga…, venta internet e feiras especializadas asimesmo a propia tenda de RegalXunquiera, onde están os talleres de Regal Cer.amicas.

Exit mobile version