Site icon Crónica3.com A Mariña

Rogos do PP de Viveiro para o pleno de setembro

Viveiro, a 3 de setembro de 2018. Celestino García Paz, en representación do Grupo Municipal Popular de Viveiro, realiza á Alcaldesa da Corporación os seguintes ROGOS para o próximo Pleno , ó obxecto de que se subsanen as deficiencias sinaladas coa maior prontitude posible:

1 – O Grupo municipal do PP de Viveiro faise eco da demanda de varios veciños da parroquia de Covas, para a colocación dun paso elevado e dun semáforo intermitente no paso de peóns existente na rúa Suasbarras frente a fonte pública, xa que nos últimos tempos se produciron varios accidentes graves neste punto, o último fai dous meses. Por estes motivos lle ROGAMOS ó equipo de goberno local , que realice as xestións necesarias coa administración correspondiente para solucionar este problema de seguridade vial.

2 – ROGAMOS ó equipo de goberno local o repintado de todos os pasos de peóns do Concello que asi o precisen, dado que na maioría deles a pintura xa está moi deteriorada, o que evidentemente provoca riscos innecesarios e inseguridade, tanto para os peóns como para os automovilistas.

Exit mobile version