Site icon Crónica3.com A Mariña

Santos Ramos participa no Encontro Internacional de Torneiros de Xermade, co que colabora a Deputación

O voceiro do Goberno, Álvaro Santos Ramos, e o Alcalde de Xermade, Roberto García Pernas, participaron este venres na inauguración do XVIII Encontro Internacional de Torneiros da Madeira en Galicia, que se celebra dende hoxe e ata o domingo nesta vila da Terra Chá, co patrocinio do Executivo Provincial. Durante a cita, poderase contemplar o oficio dos torneiros, ademais dunha ampla axenda de actividades, como charlas, conferencias ou exhibicións. Este ano ademais haberá catro invitados e expertos de luxo como son a francesa Elisabeth Mezières, o inglés Rod Page, o madrileño Toni Porto e o coruñés Lolo Castro.

Exit mobile version