Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha bilbaína, que está de vacacións en Viveiro, foi a gañadora dos 500 euros en vales de compra que se sortearon no arranque da campaña da Federación de Comercio A Mariña na cidade do Landro. Sete viveirenses levaron os demais premios

A Mariña, 22 de setembro de 2018. Con grande afluencia de público se desenvolveu na praza Maior, de Viveiro, o primeiro dos oito sorteos que a FCAM realizará ata o 10 de novembro e nos que repartirá más de 10.000 euros en premios. Cada sábado póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra.
Os gañadores dos premios de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados ao Centro Comercial Histórico foron: Laura Pernas, José Ramón Yáñez, Fran Martínez, Luisa Expósito e Antonio Cajete. Con 200 euros resultou premiada Mónica Loureiro e con 300 euros Sofía Sanmartín. Todos os afortunados e afortunadas son de Viveiro. E o premio de 500 euros en vales de compra foi para Mariví Fontaneda, de Bilbao e que se atopa de vacacións na cidade do Landro.
Os premios foron entregados pola xerente e por directivos do Centro Comercial Histórico de Viveiro.
O seguinte sorteo desta importante campaña da FCAM terá lugar en Covas o 29 de setembro. No mes de outubro serán en Burela, o día 6; en Ribadeo, o día 13; en Foz, o día 20; e en Lourenzá o 27 de outubro. Os sorteos seguirán en Xove o 3 de novembro e rematará o 10 de novembro en O Vicedo.

Exit mobile version