Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha semana máis por unhas pensións dignas en Barreiros

Barreiros 20-9-18. Hai quen dice que non temos razón, que non pagamos nen a metade do que percibimos, e esto díceo un señor que foi ministro de economía, e que foi , ou é, socialista él, seica. Pero que pensa este señor? Que o sistema público de pensións é un fondo de pensións privado?. Un fondo de pensións privado desas grandes corporacións financeiras que el axudou a introducir no Estado Español? A verdade é que tampouco nos sorprenden moito estas indignantes declaracións vindo de quen venen, dunha persona que foi directivo do Fondo Monetario Internacional.
Hai que recordarlle a este señor, e a outros, que ata o ano 2003 as cotizacións á Seguridade Social xeraron un superávit de mais de 200.000 millóns de euros, superávit que foi usado por diferentes ministerios para outras cousas que nada tiñan que ver coas pensións nin coa seguridade social. E hai que recordarlles tamén que se vaciou a ucha das pensións mentras se rescataba á banca con mais de 80.000 millóns, cartos que nunca mais se van a recuperar ainda que os bancos presenten beneficios nos últimos exercicios económicos.

Falábamos a semana pasada do Pacto de Toledo, de que era todo un paripé, e esta semana temos que volver a decilo, pois levantáronse da mesa unha vez mais sen avanzar nada. Non tenen vontade de amañar nada, pois os partidos maioritarios no Congreso dos Deputados, de esquerdas ou de dereitas, os partidos representantes deste novo bipartidismo a catro bandas son as catro patas nas que se sostén este sistema político e económico que pretende facernos creer que o Sistema Público de Pensións non é sostible, e nós decismoslles que o que non é sostible é a pobreza, a precariedade e a desigualdade, o que non é sostible é vivir coas pensións de Galicia, coas pensións da provincia de Lugo, coas pensións da agraria ou d@s autónom@s.

Por eso decimos que as pensións deféndense goberne quen goberne. E o noso deber é exixirlle ao goberno e á maioría parlamentaria que o sustenta, que díen pasos para afortalar o sistema público de pensións para que estas sexan dignas e con poder adquisitivo. Aos pensionistas non se nos contenta con abrazos, porque non se pode ir dar abrazos aos pensionistas en público, diante do Congreso dos Deputados, como pasou hai dous días, para sacar unha foto, cando antes se daban abrazos a sindicatos que apoiaron as reformas laborais que provocaron a precariedade dos salarios e das pensións. Un pouquiño de coherencia, por favor¡¡

Por todo esto temos que seguir coa nosa táboa reivindicativa:

– derrogación das reformas laborais
– aprobación dunha nova lexislación laboral e social que restitúa os dereitos perdidos como consecuencia das reformas anteriores
– pensión mínima igual ao salario mínimo interprofesional
– recoñecemento do dereito á xubilación ordinaria aos 65 anos
– establecer a actualización anual das pensións en base ao IPC
– blindaxe do sistema público de pensións
– pensións dignas e con poder adquisitivo

Colectivo de Xubilad@s e Pensionistas de Barreiros

Exit mobile version