Site icon Crónica3.com A Mariña

Xornada de convivencia de ASPANANE

Este xoves no campo de Lavandeiras de Celeiro tivo lugar unha xornada de Convivencia entre @s usuarios de ASPANANE, tanto do Centro de Día coma do Centro Ocupacional, as súas familias e os monitores. Para abrir boca comezou a xornada cunha clase de zumba impartida por Lorena de Sala 5 Fitness & Benestar. A continuación tivo lugar o xantar común para repoñer forzas antes da disputa á primeira hora da tarde, dun partido de fútbol, que enfrontou @s usuari@s do Centro perante as súas familias e monitores. Esta Xornada de Convivencia foi organizada polo Departamento de Deporte e Ocio

Exit mobile version