Site icon Crónica3.com A Mariña

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, organiza unha excursión á Festa da Castaña que se celebrará en Folgoso do Courel o día 3 de novembro, sábado. Este evento está declarado de interese turístico de Galicia

A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro obrigatorio de asistencia. O prezo é de 35 euros por persoa. Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.

Exit mobile version