A directora xeral de Pesca, Mercedes Rodríguez, acompañada do xefe territorial da Consellería do Mar, Pablo Fernández, visitaron aos alumnos da última acción formativa que tivo lugar en Celeiro, orientada a obter o certificado de percebeiro e que culminaron 10 persoas.
Na actividade, rematada esta semana, os participantes adquiriron coñecementos sobre a ecoloxía e bioloxía do percebe, normas e plans de explotacións, lexislación sobre infraccións e sancións, confrarías, comercialización e seguridade laboral, entre outras materias.
Anteriormente, as aulas de Celeiro acolleron tamén formación sobre Marisqueo a pé, Mariñeiro-pescador, un curso sobre Nutrición, patoloxía e xestión sanitaria en acuicultura, e outro de actualización da formación básica.
Polo que respecta a Burela, desenvolvéronse cursos para Patrón local de pesca, Formación sanitaria específica inicial, e Operador restrinxido do sistema mundial de socorro e seguridade marítimo.