Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta creará 12 novas prazas de comedor do CEIP Península da Paz, en San Cibrao

Cervo, 19 de outubro de 2018.- A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional ampliará o número de prazas do comedor escolar no CEIP Península da Paz, en San Cibrao (Cervo). En concreto creará 12 novas prazas que se engadirán ás 54 das que dispón na actualidade este servizo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, confirmou que o departamento autonómico de Educación está tramitando unha modificación do contrato de xestión deste comedor escolar que se prevé estea finalizada a mediados de novembro.

Este trámite administrativo previo a facer efectiva a ampliación de prazas se inicia unha vez que se consolidaron as novas solicitudes de familias de alumnas e alumnos do centro interesados en incorporarse a este servizo.

Exit mobile version