Site icon Crónica3.com A Mariña

Ata o 31 de outubro, incrición para a Xornada Micolóxica de Nordés Faladora

O Barqueiro 21-10-18. Coa chegada das primeiras augas do outono chega tamén a tempada dos cogomelos e, por suposto, unha nova edición das Xornadas Micolóxicas de Nordés: o xoves 1 e o venres 2 de novembro.

O xoves 1 de novembro, realizaremos unha de saída ao monte co micólogo José Luis Cuba. Para participar é preciso inscribirse antes do 31 de outubro, porque as prazas son limitadas: só 25. As persoas asociadas á nosa asociación (Nordés) poderán asistir de balde e para as non asociadas terá un custe de 5€. Hai que inscribirse, ben chamando ao 653756454, ben mandando unha mensaxe ao noso enderezo electrónico: asociacion.nordes@gmail.com

E o venres 2, dende as 19:00h., terá lugar o que para nós, como asociación que entre os seus obxectivos ten o de dinamizar social, cultural e económicamente a bisbarra coas súas actividades, é un grande éxito: a 1ª ruta micolóxica de tapas en O Barqueiro. Nela participan os bares seguintes: “Bar Queiro” e “Teleclub2, así coma os restaurantes “A Goleta”, “A Sobreposta” e “O Boliche”. o prezo de cada tapa é único: 1,5€. Tendes as súas propostas culinarias nos carteis.

Exit mobile version