Site icon Crónica3.com A Mariña

Camiña e Pescados Rubén renovan o seu convenio de colaboración

Burela 19-10-18. A Asociación Camiña de Burela e o Pescados Rubén Burela FS renovaron esta semana o seu tradicional convenio de colaboración. O presidente da entidade para persoas con discapacidade, Silvino Oroza, visitou a sede laranxa para selar a continuidade do acordo co dirixente laranxa, Manuel Blanco.
No marco do convenio, con máis dunha década de existencia, os xogadores e xogadoras dos equipos sénior realizan visitas e participan en xornadas de convivencia cos integrantes de Camiña; dende o club tamén se apoia a causa do colectivo coa doazón de material. Os membros da asociación dispoñen, ademais, con abonos especiais gratuítos para presenciar a Primeira División Feminina e a Segunda Masculina en Vista Alegre.

Exit mobile version