Site icon Crónica3.com A Mariña

Compromiso por Galicia Burela rexistra no Concello unha petición para cambiar a fisionomía da praza da Mariña

Burela 19-10-18. A Praza da Mariña é de feito un espazo de desfrute dos veciños e veciñas de Burela, que centra numerosas actuacións e eventos. Dende CxG vimos observando que a actual localización do quiosco de música é a maioría das veces un estorbo que non se utiliza nos distintos actos e que reduce considerablemente a capacidade da praza. A colocación de carpas e a mostra máis clara perdendo espazo cara as actividades e producindo que a praza sexa distribuída de forma que moitos do locais do centro comercial queden excluídos das actividades.

Por dende CxG solicitamos un estudo que valore desprazar o quiosco a unha nova posición dentro do espazo público, que dende CxG propoñemos sexa máis preto da baixada máis próxima ó porto.

Solicitamos tamén unha inversión na adecuación e modernización do mobiliario público, moi antigo e deteriorado. Así coma a dotación de elementos culturais que potencien a identidade de Burela.
Vimos asistindo a numerosos anuncios do Alcalde de arranxo de novas zonas, como a de capitanía e no entanto non é quen de manter e dotar a praza de referencia de Burela máis aló de pintar a fachada da praza de abastos.

Lembramos ós veciños que en agosto de 2018 o Sr. Llano e o seu escudeiro o Sr. Ramiro prometían cambiar este espazo público. Tres anos despois podemos valorar que non fixeron ren.

Exit mobile version