Site icon Crónica3.com A Mariña

Comunicado de NNXX Viveiro

Viveiro 23-10-18. Dende Novas Xeneracións Viveiro queremos dar a coñecer a nosa postura sobre o pouco, nulo caso que se nos fixo durante os derradeiros 6 anos, de iniciativas para facer de Viveiro un pobo mellor.
Sempre estivemos facendo oposicón con propostas constructivas, os únicos contra vento e marea, con exemplos exportados ou propios, sinxelos de facer e que xerarían riqueza. Pouco escoitar e sí amedrantamento e silencio foi que vivimos, todo o que plantexamos supuxo negativa, agás o Parking de Autocaravanas, para o que axudou a Xunta. Encantaríanos que nos vinderos presupostos se teñan en conta propostas de peso para futuro. Máis facer e menos propaganda, hai que transformar Viveiro e facelo sostible no tempo. Somos consciente de que outros Concellos de A Mariña tomaron nota e ben das nosas proposta de vangarda.
Algunhas das moitas, son as seguintes:

ECONOMÍA
Viveiro de empresas, centro e negocios para informar e formar a empresarios. Mesas por sectores económicos, texido. Bolsas de emprego xuvenil. Ir a centros financieiros e facer contacto con industria e facilidades na bonificación de IBI ou estudo de desenrolo de materias primas.

CULTURA , URBANISMO E TURISMO
Creación dun museo local. Turismo ligado a Patrimonio Cultural, que está abandoado. Limpeza e arranxe de rutas de senderismo e paraxes naturais existentes. Acceso a praias pechadas e limpeza das mesmas. Plan de Embelecenmeto urbán con ocograbados, murais, arte na rúa, replanteo e árbores en vez de corta, en zonas do Concello olvidadas e que concentran gran parte da poboación. Compra a particulares das 17 necrópolis ou os 7 Castros, para garantir a sua conservación, esto costaría menos dos 36.000 euros de “Los Secretos” e unha inversión para séculos vindeiros. Amaño das atalaias da Armada á entrada da ría, limpalas que son de titulatridade municipal ou facer un circuito de xacementos controlado na Insua de San Xoan Vello e Cova da Doncela, un dos sitios máis vistadsos e tristemente deixado, para os que temos que dicir que se fixeron carteis por anónimos que remataron no lixo, ni un centavo de inversión.

Queremos resaltar o duro traballo de oposción feito e propostas constructivas. O legado da xestión do goberno actual é nulo, todo efímero e volátil, nada queda para o mañá, todo é resaca do hoxe.

Antonio Lage-Seara
Presidente de NNXX de Viveiro

Exit mobile version