Site icon Crónica3.com A Mariña

Conferencia no Ies Monte Castelo

Viveiro 1-10-18. Con motivo de presentar a proposta de traballo que os centros escolares da Mariña desenvolveran durante este curso 2018/2019 dentro da programación da Asociación cultural Tá en Artes baixo a homenaxe da figura do ribadense Suso Peña celebrarase unha conferencia inaugural no IES Monte Castelo de Burela o 2/10/2018 ás 19 horas pola licenciada en Belas Artes Adri Pardo co seguinte título e desenvolvemento :
REFLEXIÓNS A/R/TOGRÁFICAS. A palabra pintada, a pintura escrita.
1. INTRODUCCIÓN. Pequenos apuntamentos sobre AS RELACIÓNS ENTRE LITERATURA-PINTURA Ó LONGO DA HISTORIA. Dende a caligrafía china ata a Arte das Vangardas.
2. PROXECTOS EDUCATIVOS: a Arte como vehículo transdisciplinar.
2.1. IDENTIDADE INDIVIDUAL E COLECTIVA a través do retrato oulipeinpiano.
2.1.1. Conversas artísticas. Introducción ó retrato pictórico.
2.1.2. Haikuzación. Síntese literaria e pictórica.
2.1.3. Lipograma e lipocroma.
2.1.4. Número Pi pictórico.
2.1.5. Cuadrado lescuriano. O retrato colectivo.
2.2. SARDIÑOSAURIOS. O collage e a palabra pintada no mundo animal.
3. MATERIAIS DIDÁCTICOS. OUBAPO. Modulación de texto e imaxe. O xogo na creación da banda deseñada.

Exit mobile version