Site icon Crónica3.com A Mariña

Corte da estrada do Pirixel

O xoves 4 de outubro de 2018, de 9:00 a 19:00 horas, cortarase ao tráfico a estrada LU-102 (estrada do Pirixel), dende o cruce de Celeiro (Plantío) ata San Lázaro (inicio de edificiacións), por causa das obras de mellora no estado do firme da vía.
Cómpre aclarar que, o día indicado, a rúa Benito Galcerán terá doble sentido de circulación. Dende o Concello de Viveiro pídense disculpas polas molestias que estas obras poidan ocasionar e facilítase o teléfono da Policía Local (982562933) para aclarar calquera dúbida ao respecto.

Exit mobile version