Site icon Crónica3.com A Mariña

En Marea impulsa un acordo no Congreso para que se realicen actuacións na liña de ancho métrico Ferrolterra-Ortegal-A Mariña

Madrid, 11 de outubro 2018. A deputada de En Marea, Alexandra Fernández, participou na aprobación dun acordo na Comisión de Fomento para que se leven a cabo actuacións de mellora na liña de ancho métrico Ferrolterra-Ortegal-A Mariña até Asturias. Na sesión Fernández denunciou o “desmantelamento que se está a practicar coa liña de ancho métrico, a antiga FEVE no traxecto que vai por Galiza”.

A deputada de En Marea expresouse desde xeito no debate dunha proposición do grupo socialista sobre a liña de ancho métrico, iniciativa que facía especial énfase nos problemas de León na parte resolutiva, e á que En Marea lle presentou unha serie de emendas moi concretas para mellorar a liña Ferrolterra-Ortegal-A Mariña. Unhas emendas que se centraban nos problemas da liña no territorio galego.

Fernández describiu o estado de abandono, as avarías constantes con trens obsoletos e que son motivo dunha política de recortes. A parlamentar de En Mare debullou todas as deficiencias do ancho métrico: a situación de personal é precaria. “Precísanse interventores en todos os servizos, que se repoñan os maquinistas e que se reforce a plantilla dos talleres de mantemento e reparación de Ferrol”. Criticou a resposta dada por Adif e Renfe á falla de personal que se reduciu a colocar a liña baixo unha única supervisión que soe ser o maquinista”. As estacións, puntualizou, “en ocasións non teñen a ninguén a quen poidan dirixirse os viaxeiros e en moitas ocasións as máquinas non funcionan”.

Destacou asemade nesta enumeración de deficiencias a falla de mantemento das trincheiras que é causa de desprendementos de terra e que rematan nos cortes da liña. Censurou que “a fiabilidade da liña está baixo mínimos. Se un pasaxeiro non pode confiar nun servizo ferroviario, non usará a liña. Eso é o que o PP fixo”.

Fernández salientou a potencialidade das comaras de Ferrolterra, de Ortegal e de A Mariña con importante peso poboacional, e dinamismo económico industrial. E indicou que de mellorarse podería funcionar como un servizo de cercanías. Para eso son precisos máis servizos, adaptados ás necesidades de movilidade e a intermodalidade. Criticou que desde os Gobernos do PP o único que se fixo nos últimos anos foi “iniciar un proceso de desmantelamento do ancho métrico a pesar do repto ecolóxico que temos por diante. É unha irresponsabilidade”.

EN MAREA NO ACORDO SOBRE A AMPLIACIÓN DO CORREDOR ATLÁNTICO

Por outra parte, a deputada de En Marea participou tamén nun acordo transaccional para que se garanta e sexa unha realidade o anuncio da Comisión Europea de ampliar o Corredor Atlántico mediante a conexión ferroviaria A Coruña-Vigo-Monforte de Lemos-León, e tamén con Asturias. A Comisión debateu unha proposición non de lei de C´S á que En Marea presentou unhas emendas que van no sentido do acordo acadado entre varios grupos parlamentares.

Pero tamén proponía que o Goberno non desbotase nas xestións futuras, posibilitar a ampliación do Corredor Básico Multimodal Atlántico nun sentido paralelo ao litoral, reforzando así os eixes atlánticos e cantábricos, de forma que conecte e artelle todos os portos do eixe atlántico-cantábrico (Vigo, A Coruña, Ferrol-San Cibrao, Xixón e Santander, desde Porto até Bilbao.

“Debemos ter o mesmo trato que o Corredor Mediterráneo”

Alexandra Fernández exixiu igual trato para o Corredor Atlántico que o que tivo o Corredor Mediterráneo. “Mentras o Corredor mediterráneo logrou correxir o trazado radial, conseguindo que estean conectados os seus portos en liña até Europa”. Lembrou que no tema do Corredor Atlántico deuse un paso “após da presión política e económica que se exerceu”, accedendo a Comisión Europea a amplialo pero polo interior. Neste sentido, alegou a necesidade de non abandonar unha conexión polo litoral. “Non ten sentido que desde A Coruña teñamos que baixar a Valladolid. É un modelo en espina. Sería máis lóxico unha única conexión desde Lisboa pola costa até Ferrol”. Defendeu que exista interación entre os portos, “queremos o mesmo que ten o Mediterráneo”.

Lembrou que mantivera unha entrevista en maio coa Comisaria de Transportes da UE e concordou en que se trataba dunha propostas máis lóxica “mais que o problema é que o estado español nunca a plantexou”. Apelou a continuar a traballar, hai meses por diante para poder avanzar porque “nos estamos a xogar infraestruturas estratéxicas”.

Exit mobile version