No acto desta maña participaron Deep Riot e Youseff, os autores da letra e intérpretes da canción deste vídeoclip, Naima Lamini, que foi a tradutora, Mónica Fernández Lamparte, responsable do Programa de Prevención de Drogodependencias, David Castro, de ElFarero Audivisuales, así como tamén a concelleira de Servizos Sociosanitarios, Sonia Meilán, e o alcalde, Fernando Suárez. Asistiu o alumnado de 4º de ESO dos centros de ensino ribadenses así como os participantes nesta rodaxe.
En paz (Ach Dni) pretende cocienciar á mocidade das negativas repercusión que ten nas súas vidas o consumo de cannabis ou doutras substancias estupefacientes. O vídeoclip foi colgado xa en Youtube, tras as súas presentacións e leva arestora da tarde centros de reproduccións.