Site icon Crónica3.com A Mariña

Este sábado, ás 20:00 horas, no Auditorio da Casa da Cultura, terá lugar o concerto das corais Alborada de Viveiro e Amigos del Camino de Santiago

O domingo ás 19:00 horas, o auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao, acolle unha obra de teatro dirixida aos máis pequenos da casa, pero tamén aos máis maiores. A cita está organizada pola delegación de Cultura que dirixe Dolores García Caramés, dentro do programa Buxiganga. A obra que se representará será A Máquina do Tempo, un espectáculo cómico no que Pepablo Patinho e Montse Piñón lles contan aos nenos e nenas, e tamén aos maiores, a historia da evolución humana.

Exit mobile version