Os tramos dos viais sobre os que se actuou, que foron propostos polo Concello de Viveiro, son os seguintes:
LU-P-6601 “de Misericordia a Silvarosa”, pk 0+000 ao 1+350
LU-P-6611 “de Magazos a Fontecoba”, pk 1+500 ao 2+830
LU-P-6613 “do Cemiterio novo á igrexa de San Roque”, pk 1+100 ao 3+000.
Estas obras, que teñen un presuposto de adxudicación de 127.897 euros, supoñen un importante investimento do ente provincial e unha mellora para a calidade de vida dos veciños e veciñas deste municipio, polo que dende o Concello de Viveiro se quere agradecer publicamente á Deputación Provincial de Lugo a inversión realizada.