Site icon Crónica3.com A Mariña

Gris, o novo videoclip de Basanta rodado en A Mariña

A Mariña, 04 de outubro de 2018.- Vén de estrearse o videoclip Gris do grupo vigués Basanta; un vídeo realizado por un equipo esencialmente mariñán e rodado integramente na Mariña. Xunto ao director deste traballo audiovisual, Xaime Miranda, participaron como Xefa de produción Sabela Blanco e como directora de fotografía Elena Lombao. O resto do equipo conformárono Eloy Couceiro, Miguel Fernández, Maite Señoráns e Antón Miranda.

Ademais dos membros do grupo Basanta, no vídeo figura como protagonista a xove actriz Uxía Caldeiro, de Burela, integrantes de Amigos do Entroido Ribeirao e varias veciñas e veciños de A Mariña.

A rodaxe realizouse en varias localizacións da Mariña, como Santo Estevo do Ermo, a costa de Ribadeo, o Espazo Caritel e a vila de Mondoñedo. O proxecto contou coa colaboración do Concello de Mondoñedo e do Rei das Tartas

O videoclip Gris é o segundo que Xaime Miranda roda na Mariña para Basanta; o primeiro, Inferis, foi galardoado co Premio ao mellor videoclip no Festival Primavera de Cine 2018

Link: https://youtu.be/VtYaByeju0g

Exit mobile version