Site icon Crónica3.com A Mariña

II Edición de Arte en Familia no IES San Rosendo de Mondoñedo

Mondoñedo 30-10-18. Por segundo ano consecutivo o IES San Rosendo de Mondoñedo pon en marcha o Proxecto Carpetas Viaxeiras / Arte en Familia. O curso pasado botou a andar con 35 carpetas que cada semana visitaban os fogares das familias do alumnado de 2º de ESO. Este ano, os cursos implicados son 2º e 3º de ESO. O alumnado de 2º poderá gozar de obras escultóricas, e os de 3º (que o ano pasado viron a escultura) levarán este as mellores pinturas da historia da arte universal de todos os tempos . As responsables do proxecto agardan ter tan boa acollida como o ano pasado e poder facer outra exposición a final de curso para dar a coñecer os traballos realizados polas familias e premiar as máis participativas e as mellores obras entregadas ao longo dos meses. Igual que o ano pasado irán amosando os traballos na súa páxina de Facebook Carpetas Viaxeiras IES San Rosendo. En breve contarán tamén cunha conta en Instagram na que compartirán as obras das familias e moitas noticias relacionadas co mundo da arte en xeral.

Exit mobile version