A ruta, organizada pola empresa Mariñactiva, reuniu un grupo dunhas 10 persoas desde primeira hora da mañá ata media tarde que, acompañados dun guía, visitaron os principais monumentos do patrimonio artísitico local: Mosteiro e Igrexa de San Salvador, Museo de Arte Sacro e Pazo de Tovar.
Tamén visitaron o Centro de Interpretación da Faba, a área recreativa de Muíño do Pereiro, as parroquias de San Tomé e San Adriano, o Mirador da Valiña, as prantacións de faba e a cooperativa Terras da Mariña.
No Pazo de Tovar degustaron un menú no que a faba foi a protagonista, acompañada doutros produtos gastronómicos da comarca, como a pescada de Celeiro e o bonito de Burela.