Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis de 170 familias participan a día de hoxe na campaña de compostaxe doméstica que promove o Concello de Cervo

Cervo, 15 de outubro de 2018.- O Concello de Cervo ten aberto o prazo para que os veciños e veciñas interesadas poidan solicitar o seu composteiro inscribíndose no departamento de Medio Ambiente, xa que está previsto que a finais de mes teña lugar unha nova entrega de recipientes.
Trátase dunha campaña de compostaxe doméstico que a concellería de Medio Ambiente vén desenvolvendo periodicamente dende o ano 2010, e, a día de hoxe, xa son máis de 170 as familias que contan cun composteiro nos seus fogares.
Villares precisou que con esta iniciativa “pretendemos fomentar a autoxestión dos residuos orgánicos, co que conseguimos un compost ou fertilizante natural de alta calidade para a nosa terra e as nosas plantas, ao tempo que reducimos a xeración de lixo que iría ao contenedor convencional, contribuíndo así coa protección do medio ambiente; reducindo a frecuencia de recollida dos contenedores xenéricos por parte dos servicios municipais e , consecuentemente, o custo económico que supón para as arcas públicas a súa axeitada xestión e tratamento”.
Dende o Concello –apuntou Méndez- pretendemos cubrir todo o proceso deste programa que vai dende “a entrega gratuíta dos composteiros, a formación e apoio aos usuarios na posta en marcha, así como o posterior asesoramento en todo o que precisen, co fin de que a experiencia sexa gratificante en tódolos aspectos.

Exit mobile version