Site icon Crónica3.com A Mariña

Manuel Rouco continúa coa rolda de visitas polos diferentes barrios “para dar resposta aos requirementos dos veciños”

Burela, 8 de outubro de 2018.- O presidente da Xestora de Burela, Manuel Rouco, adianta que este martes, 9 de outubro, a partires das 17:00 horas, continuará coa rolda de visitas polos diferentes barrios e rúas da vila, co fin de “dar resposta aos requerimentos dos veciños”.
Deste xeito, Rouco dá continuidade á iniciativa iniciada no verán, cando xa mantiveron diversos encontros cos residentes das zonas do Vilar, da Casilla, da Vila do Medio, do Barridal, dos Castros ou do Cantiño. Neste senso, durante a xornada de mañá, o presidente da Xestora levará a cabo encontros nas rúas do Río, A Fontela, A Igrexa e O Cancelo.
“Estamos a levar a cabo unha labor de escoita dos nosos veciños e veciñas, que se está a transformar nunha rolda de visitas a pé pola vila. O que pretendemos é recoller as ideas que nos queiran trasladar para perfilalas e priorizalas” para logo, apunta, “nunha segunda rolda dar cumprida resposta aos requerimentos que nos teñan trasladado para que Burela medre en sintonía co criterio dos seus habitantes”.
“Cremos decididamente que, para estar en política, a base fundamental e estar ao carón da xente; de ahí que continuemos con este tipo de xuntanzas”, conclúe Rouco.

Exit mobile version