Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio cento de persoas asistiron en Foz á charla-obradoiro “Reaviva a chama do teu negocio”

Foz, 10 de outubro de 2018. Medio centenar de persoas da Mariña e do Occidente asturiano asistiron na Casa da Cultura, en Foz, na noite de onte á charla-obradoiro Reaviva a chama do teu negocio, que impartiron a psicóloga-coach Ángeles Amor e un coach de ATA (Asociación de Traballadores Autónomos de Galicia).
Ambos interactuaron moito co público asistente e falaron de cuestións que lle afectan no día a día aos empresarios e autónomos como poden ser a monotonía, o síndrome de Burnout, a baixa rendabilidade dun negocio, a apatía ou a indefensión fronte ao mercado actual.
Sobre o síndrome Burnout Ángeles Amor subliñou que ven motivado polo exceso de traballo; pola presión que xeran cuestións como a facturación, os clientes ou mesmo os negocios da competencia; pola falla de tempo para a vida persoal, polos cambios afrontados nos negocios e nos que logo nos se obteñen os resultados agardados.
Entre as recomendacións vertidas polos poñentes figuran que os autónomos “temos que ser donos do noso tempo e debemos sacar un tempo para o ocio, para familia, para os amigos; debemos disfrutar co traballo que estamos a realizar porque iso se transmitirá nun mellor trato ao cliente. A amabilidade e un sorriso poden axudar moito na atención cara ao público” e sobre o comercio sinalaron que “debe vender a proximidade, o trato personalizado, a posibilidade de probar e tocar os produtos, algo que non acontece co comercio on line”. E aludiron a que en comunidades como Castela-León o sector está plantexando a posibilidade de cobrar unha cantidade aos clientes por probar roupa ou calzado, “están estudando iso para aplicarlles a aquelas persoas que o único que van facer ás tendas é tocar, ver as texturas, probar as tallas, etc… para despois acabar mercando por internet”.
Os asistentes, que se inscribiron, para asistir a esta charla-obradoiro obtiveron un diploma acreditativo. A actividade foi organizada por ACIA/CCA de Foz.

Exit mobile version