Este martes 2 entre 11 e 13h, colocarase unha Unidade Móbil de Axuda coas Reclamacións (UMAR) na entrada do Hospital. Trátase dunha mesa informativa onde profesionais, usuari@s e colectivos poderán consultar dúbidas sobre derivacións ou tempos de agarda. Tamén préstase axuda para redactar reclamacións e para presentalas no rexistro.