Site icon Crónica3.com A Mariña

Mirta García foi a gañadora dos 500 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acial de Lourenzá. O hall de entrada ao Concello acolleu o sexto sorteo desta campaña da FCAM

A Mariña, 27 de outubro de 2018. O hall de entrada ao Concello laurentino acolleu esta noite o sexto dos oito sorteos que a FCAM realiza ata o 10 de novembro e nos que está a repartir más de 10.000 euros en premios. Cada fin de semana póñense en xogo 1.500 euros en vales de compra.
Os gañadores dos premios de 100 euros en vales de compra para gastar nos establecementos asociados á Acial foron: Carmen Terrón, José Sante (que levou dous premios), Rocío Otero e Cristina Docampo. Con 200 e 300 euros respectivamente foi premiado José Sante e a gañadora dos 500 euros en vales de compra foi Mirta García.
Na entrega de premios participaron directivos da Asociación de Comerciantes de Lourenzá co seu presidente, Javier Huertas, á cabeza e tamén a alcaldesa, Rocío López. O frío e a auga obrigaron a cambiar o sorteo para o hall de entrada ao Concello. En principio estaba previsto que se celebrase no kiosko da praza do Conde Santo, pero non foi posible.
O seguinte sorteo da campaña da FCAM será en Xove o 3 de novembro. E o último terá lugar o día 10 en O Vicedo.

Exit mobile version