Site icon Crónica3.com A Mariña

Moción do Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro” para instar á Deputación a proceder á limpeza de cunetas e taxeas das estradas da súa propiedade no Concello

Foz 24-10-18. O Grupo Municipal de “Foz, Plataforma de Futuro”, Luís Alfonso Sixto Legaspi, Juan Luís González Riveiro e María Peña Rubiños Fernández, a través do seu voceiro Luís Alfonso Sixto Legaspi ,presenta para o seu debate e aprobación no pleno deste Concello a seguinte moción:

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

A Deputación Provincial de Lugo dispón de varas estradas da súa propiedade que transcorren polo termo municipal do Concello de Foz. Dende a nosa formación sempre foi unha preocupación as estradas tanto municipais como doutras administracións. Acercase o inverno ,e con el , o mal tempo o que supón época de choivas que fan que aquelas estradas que non teñen as cunetas e taxeas limpas sufran moito mais o deterioro do seu firme como está demostrado. É certo, que nos últimos tempos a deputación Provincial de Lugo inverteu en mellorar algunha pista no noso Concello pero iso non pode servir de escusa nin significar que sexa suficiente, nin moito menos darnos por satisfeitos. Si isto que a nosa formación reclama tanto ó Concello coma á Deputación se fose levando a cabo pouco a pouco todos os anos, habería moito menos gasto en mantemento destas vías.

Por todo o anteriormente exposto propoñemos á Corporación Municipal a aprobación dos seguintes acordos:

-Instamos á deputación Provincial de Lugo á limpeza de cunetas e taxeas da súa rede viaria dentro do termo Municipal do concello de Foz.

Exit mobile version