Site icon Crónica3.com A Mariña

Mocion do PP de Viveiro reclamando melloras no estadio municipal de Cantarrana

Viveiro, 5 de outubro de 2018. A finais de xullo do presente ano, a Xunta de Galicia avanzaba a inversión de 40.000 euros para a mellora do estadio municipal de Cantarrana, onde xoga habitualmente os seus partidos o Viveiro C.F.
Esta achega que se concreta a través dun convenio entre o Goberno Autónomico e o Concello de Viveiro – por ser este o titular das instalacións -, permitirá por en marcha un sistema de riego automático – na actualidade esta maniobra faciase manualmente – e mellorar a iluminación do estadio, o que sin dúbida contribuirá a unha mellora notable das instalacións.

O certo é que esta cantidade non alcanza para darlle solución a todas as necesidades que na actualidade presenta esta instalación e que veñen sendo demandadas dende xa fai tempo pola directiva e os seus socios. Estamos a falar da mellora dos vestiarios, do arranxo dos aseos – cun aspecto tercermundista e con pintas de pouco hixiénicos – e mesmo, da colocación de asientos individuais nas gradas.

Sin dúbida, a realización de todas estas melloras contribuirían a ter un estadio moderno e adaptado as necesidades dun club como o Viveiro C.F. que conta con categorías inferiores, que no ano 2023 cumplirá o centenario da súa fundación e que é un dos clubes máis representativos de Galicia.
Por estes motivos e polo que propoñemos ó Pleno da Corporación a aprobación dos seguintes acordos:

ACORDOS

1) A execución destas necesidades antes detalladas e non cubertas polo presuposto da Xunta de Galicia, por parte do Concello de Viveiro.

2) A realización de todas as xestións necesarias por parte da Sra. Alcaldesa para lograr fondos doutras administracións – Provincial e Estatal – para acadar os recursos necesarios que posibiliten estas actuacións.

Antonio J. Bouza Rodil
Voceiro do Grupo Municipal do PP

Exit mobile version