Site icon Crónica3.com A Mariña

O alumno Francisco Yañez Iglesias, que cursa 2º de Dirección de Cociña no IES de Foz, participa hoxe martes 23 de outubro no XVIII Campionato Internacional de Pizza Picante que se celebra en Scalea, Calabria- Italia

Froito do programa Erasmus+ que ten concedido o IES de Foz, xurde unha colaboración con “Franco López”, Presidente do “Movimento Pizzaioli”, que visitou o noso centro en maio.Esta invitación é unha oportunidade para coñecer de cerca o funcionamento dun campionato internacional e aprender máis da elaboración de pizza italiana. Francisco elaborará unha pizza que fusiona a gastronomía galega e a italiana co polbo como ingrediente principal. A profesora Ana Martínez Arruñada e Franco López (vía online) están axudando a preparar ao alumno

Exit mobile version