Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro denuncia o estado de abandono do Pazo de Grallal

Viveiro 16-10-18. O Pazo de Grallal, situado xusto en frente da praia de Covas, é un inmoble do século XVI con dous andares de máis 400m2 cada un e cunha finca de 10.800 m2 pechada en pedra. Ademais do gran valor do pazo, este contén diversas decoracións, escudos e incluso o busto dun dos seus promotores no portalón de entrada, pero que debido ao seu abandono está orixinando un deterioro a pasos axigantados nos últimos anos, provocando a caída destas decoracións e o acelerado deterioro de todo o conxunto.

Supoñemos que nalgún momento o Concello de Viceiro se interesou polo presente e futuro desta edificación, pero que a día de hoxe descoñecemos se esta propiedade é dunha organización ou persoa, polo que seria bo saber a quen corresponde o correcto mantemento do mesmo. Ao mesmo tempo que seria de interese que a veciñanza de Viveiro soubese da situación na que se atopa a súa biblioteca, onde temos constancia de que se fixo un inventario completo no seu dia.

Propoñemos que o Concello se interese pola situación do Pazo de Grallal, informando se é preciso a Patrimonio e lograr avanzar para poñer os medios necesarios para a conservación deste emblemático edificio, sen deixar a un lado o estado actual da súa biblioteca e do seu inventario.

Se a Conselleria de Turismo de Viveiro e a Xunta de Galiza son capaces de ofertala nas súas rutas turísticas, polo menos que se preocupen un mínimo por él e pasen das palabras aos feitos.

Exit mobile version