Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Viveiro exixe a Concello e Xunta que acometan medidas de seguranza en San Lázaro

Viveiro a 6 de outubro de 2018. O BNG de Viveiro mantivo este sábado unha xuntanza co Presidente de San Lázaro 18 para escoitar de primeira man ás reivindicacións da veciñanza..

“Veciñas e veciños mostraron a súa inquedanza pola ausencia de medidas de seguridade na recta de San Lázaro reclamadas a Concello e Xunta”, afirman.

A veciñanza lembroulles os accidentes acontecidos por exceso de velocidade nos anos 2015, 2016 e 2017 acreditados con atestados policiais e causan danos materiais contra vehículos aparcados e contra os contedores de lixo.

Transmitíronlles que non se acometerán medidas algunhas neste treito, “algo inadmisible e que ven a confirmar o desleixo da Alcaldía e da Xunta para coas veciñas e veciños”, manifestan.

SEGURIDADE PARA EVITAR RISCOS E ACCIDENTES.

A veciñanza transmitiulles ao BNG de Viveiro as medidas solicitadas para garantir a seguridade e non ter que lamentar danos persoais.

” Transmitíronnos a necesidade dun novo firme na estrada, de dispositivos reductores da velocidade co obxectivo de reducir as velocidades excesivas que se rexistran nesta vía, pasos peonís (inexistentes) e beirarrúas nos dous lados”, sinala a fronte nacionalista.

O BNG de Viveiro agarda que se escoite á veciñanza e que se tomen medidas neste tramo abandonado tanto pola Alcaldesa Maria Loureiro como pola Xunta do PP. Medidas quen levan reclamando dende hai anos cos escritos rexistrados e así non ter que lamentar non só máis danos materiais senón danos físicos as persoas e crianzas que viven en San Lázaro 14,16 e 18.

Asemade transmitíronlles que non queren ser veciños de segunda e que estan fartos de pagar impostos e ser ignorados por todas as administracións.

Dende o BNG ” respaldamos as xustas demandas da veciñanza e que é o momento, aproveitando as obras no Pirixel, para acometer estas medidas de seguridade e non ter que lamentar desgrazas persoais e lamentamos o oportunismo electoral da Alcaldesa Maria Loureiro e PP sacándose a foto diante das vivendas sabendo que esa estrada non se ía arranxar”, conclúen

Exit mobile version