Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG inicia uhna campaña na Mariña contra a escandalosa suba do recibo da luz

A Mariña, venres 19 de outubro 2018. O BNG iniciou no día de hoxe unha campaña que se vai desenvolver na Mariña, en contra da esaxerada suba do recibo, porque resulta escandaloso todo o que ten a ver co incremento brutal da factura da luz en Galiza, porque pagamos un 31% máis que hai oito anos, e só no período do último ano, de 2017 a 2018, o recibo é un 8,6% mais caro.

Aínda por riba, o Goberno español pretende agora instaurar o “suplemento territorial” da tarifa eléctrica e Galiza, que é produtora de enerxía e nutre a outras partes do estado, vai pagar o 34% do total deste suplemento, mentras Madrid, que é deficitaria en enerxía, tan só vai pagar o 2,1%.

Para o BNG, esta suba que é un auténtico espolio, ten que ter contestación social, e por eso inicia esta campaña que nos vindeiros meses se vai desenvolver polos concellos da comarca, con recollida de sinaturas en lugares públicos, difusión de información e actos públicos tamén por todos os concellos da comarca e mocións nos plenos municipais, según informou Ana Ermida.

Tarifa eléctrica galega, a alternativa a este espolio

Para a formación nacionalista, en palabras da súa deputada Olalla Rodil, “é necesaria unha tarifa eléctrica propia para Galiza, que atendendo aos verdadeiros custos da producción, a factura da luz sexa mais barata que a actual, en beneficio de consumidor@s particulares e das nosas empresas”

No mesmo sentido pronunciouse tamén a responsable comarcal Ana Ermida, que fixo referencia tamén a como lle pode afectar esto ás empresas da comarca e ao conxunto d@s consumidor@s. “Nós producimos electricidade, e temos dereito a que esa riqueza reverta sobre as galegas”, afirmou.

O BNG propón no inmediato, unha tarifa eléctrica propia para Galiza, a eliminación dos suplementos territoriais de tarifa eléctrica, a baixada do IVE na factura eléctrica, garantir a subministración eléctrica a toda a poboación, e a creación dunha empresa pública galega que integre os encoros que remataron o período de concesión.

Exit mobile version