Segundo informou a Parlamentaria do BNG “a fiscalía xa vai abrir dilixencias para investigar as posibles responsabilidades do Servizo de Patrimonio da Consellería e, dende o BNG, pediremos as correspondentes explicacións no ámbito político”. Grupos como Mariña Patrimonio e Adega levan tempo presentado informes e denuncias que foron ignoradas pola Xunta e mesmo nun informe de marzo de 2016, un técnico Xunta atribúe a destrución a unha antiga canteira “xa abandonada” e propón a “exclusión” do enclave do “preinventario” de Cultura.
Ante estes feitos o BNG preguntará, en sede Parlamentaria, polas implicacións dos servizos de Patrimonio da Xunta en Lugo na retirada do do preinventario e do PXOM do Concello de Mondoñedo. Tamén se pediráns explicacións polo feito de que a Xunta ignorou durante anos as denuncias presentadas por Adega e Mariña Patrimonio nos departementos de Industria e Cultura da Xunta de Galiza.
As sospeitas sobre o servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura en Lugo.
A parlamentaria do BNG sinalou que todas as sospeitas e a investigación da Fiscalía de Medio Ambiente centránse en responsables do servizo de Patrimonio da Consellería de Cultura en Lugo e avazou que, de confirmarse estas responsabilidades, o BNG pedirá o inmediato cesamento destas persoas. Para o BNG non é entendible que se permitise a total destrución dun xacemento perfectamente catalogado e protexido, sin a intervención da Xunta de Galiza.