Site icon Crónica3.com A Mariña

O Centro de Interpretación da Faba acolleu a presentación da IX Val das Fabas

Lourenzá 2-10-18. O acto estivo presidido pola Alcaldesa Rocío López no que estivo acompañada por Pablo Maseda (Presidente das Escolas Lourenzá), Juan Luís Méndez (coordinador sección ciclismo do clube), José López Gavín (directivo do Atletismo Lourenzá) e Javier Barcia (representante da empresa patrocinadora Maderas Barcia)
Na proba agárdase en torno a 300 participantes, con trofeo e xamón ibérico ós campións masculino e feminino absolutos, máis un saqueto de fabas para todos os vencedores das diferentes categorías,  ademais de trofeos ós 3 primeiros clasificados de todas as categorías, medallas para todos os participantes de categorías menores (pitufos e prebenxamín) e o agasallo dunha camiseta técnica especial para os corredores da Val das Fabas 2018. A proba contará tamén con avituallamento líquido e sólido á metade e final do percorrido, cronómetro xigante en meta, seguro individual de accidentes, dorsal con impresión de código QR para visualización inmediata de resultados persoais ó chegar á meta, ambulancia e vallas e senalización do circuito cada 500 metros.

Exit mobile version