Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Barreiros patrocina unha exhibición de karate que se celebrará o vindeiro sábado, día 6 de outubro

Esta actividade terá lugar a partires das 12:00 horas no Centro Sociocultural, Xuvenil e da Terceira Idade Manuel Díaz Sampedro de San Cosme de Barreiros. Desde o Concello tamén informan da celebración dun curso de karate e as persoas interesadas poden obter máis información no número de teléfono 655 052 149. Organiza estas actividades Karate Shito Kai A Mariña.

Exit mobile version