Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo colabora coa SD Candelaria na posta a punto do campo da Granda

Cervo, 16 de outubro de 2018.- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e o edil de Deportes, José Ramón Soto, visitaron o Campo da Granda, en Rúa.
Alí reuníronse co presidente da Sociedade Deportiva Candelaria, Benedicto García, e puideron ver en funcionamento a máquina de pintado de céspede que se vén de adquirir con fondos municipais.
Villares e Soto aplaudiron o gran labor que desenvolven os membros da directiva “que dedican moitas horas do seu tempo ao coidado e mantemento das instalacións que presentan unha imaxe impecable”.

Exit mobile version