Foi unha desas xuntanzas periódicas que se veñen mantendo co obxectivo de seguir moi de preto a evolución e a inicidencia da vespa velutina nas súas colmeas e na produción de mel.
Nos dous últimos anos, o Concello de Cervo investiu máis de 6.000 euros en atraínte que repartiu entre os apicultores, cos que elaboraron trampas ao pé das colmeas. Segundo estimaron é dos produtos máis eficientes que probaron desde que comezou a súa encrucillada contra estes insectos, que utilizan para defender o seu traballo e o das súas abellas.
En total -apuntou Villares- levamos investidos na compra destes produtos máis de de 6000 euros de fondos públicos que cremos ben xustificados “porque estamos a loitar contra esta especie invasora, tentendo minimizar os seus efectos, que afectan ao traballo dos nosos apicultores e das abellas, tanto na produción de mel, como na importante faceta polinizadora desta especie”.
O rexedor e a edil xa confirmaron que está en camiño un novo pedido deste produto que repartirán nas vinveiras semanas, “porque, tal e como apuntaron na xuntanza os apicultores, “estase a detectar nestas últimas datas unha presenza moito maior de velutina, en comparación cos meses anteriores”.
Outro dato que se estraeu da reunión é que a maioría dos apicultores produciu a estas alturas ata un 50% menos de mel que o ano anterior, “pero esta circunstancia ten moito que ver coa climatoloxía -segundo precisaron- xa que non se deron as condicións idóneas para que as abellas puideran traballar a pleno rendemento”.
Villares sinalou que a nosa intención é seguir estando ao carón dos nosos apicultores, tal e como vimos facendo desde que temos constancia da presenza da velutina no noso municipio; “traballando coordinadamente con eles para afrontar esta problemática, tentando minimizar o impacto desta especie invasora”