Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo inicia os trámites para declarar a caducidade da licenza do esqueleto da Atalaia, paso necesario para lograr o obxectivo deste goberno “que é derrubar a construción”

Cervo, 5 de outubro de 2018.- O Concello de Cervo xa iniciou os trámites para declarar a caducidade da licenza urbanística do esqueleto que está ubicado na zona da Atalaia, que lle fora outorgada no seu momento a Promociones San Ciprián S.L; logo de reunir os correspondentes informes dos servizos da policía local e da oficina técnica. Este procedemento é a forma legal que ratifica que as obras iniciadas non poden continuar.
Villares apuntou que xa demos ese primeiro paso necesario dentro do Plan Especial de Protección do Castro da Atalaia que redactamos cun obxectivo final que non é outro que “o de derrubar tanto esta construción, como o edificio de vivendas que leva máis de trinta anos construído e sen habitar que hai ao carón; e poñer en valor o xacemento, inventariado por Patrimonio no ano 2007”.
Pola súa banda, o edil de Patrimonio, Alfredo Fernández, recordou que o Plan Especial de Protección delimita toda a zona afectada polo castro, 20.000 m2; e regula a execución das actuacións de recuperación, rehabilitación ou mellora da superficie a preservar; e fíxanse as normas xerais de urbanización e infraestruturas neste ámbito protexido; entre outos aspectos”.

Exit mobile version