Tal e como explicou Villares, o que estamos a facer é reconverter esta infraestrutura nunha nave de almacenaxe “buscando a máxima eficiencia na utilización das infraestruturas municipais”.
Con este novo espazo de almacenaxe, de 15 metros de ancho e 30 de longo, melloraremos ostensiblemente a loxística do departamento de obras do Concello “pola ubicación estratéxica desta edificación”.
O alcalde apuntou que estamos a apostar polo concepto de “rehabilitación e rexeneración urbana co aproveitamento de infraestruturas como esta, que nos permiten ao tempo aforrar o custo que suporía a construción dunha nova nave, tan necesaria”.