Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz abriu o prazo para presentarse a Raíña ou Rei do entroido 2019

Foz, 5 de outubro de 2018. A Delegación de Cultura do Concello de Foz acaba de abrir o prazo para presentarse a Raíña ou Rei do Entroido 2019.
Os aspirantes deben ser maiores de 18 anos e teñen que entregar a documentación nas dependencias da Concellería de Cultura de Foz, que están na Casa do Concello. O prazo de presentación rematará o 6 de novembro de 2018 e poden obter máis información chamando ao número de teléfono 982.140.027.
A documentación a presentar son os datos persoais das/os que se presenten á elección, dúas ou máis fotografías recentes e unha breve exposición breve dos motivos polos que lles gustaría ser Raíña ou Rei do Entroido de Foz.
A cea de coroación da raíña ou rei do Entroido de Foz 2019 será o sábado 16 de febreiro.

Exit mobile version