Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz adxudica a obra de cambio de alumeado do campo de fútbol de Malates

Foz, 19 de outubro de 2018. O Concello de Foz vén de adxudicar provisionalmente a obra de cambio de alumeado do campo de fútbol de Malates. Esta actuación suporá unha rebaixa considerable no consumo eléctrico e, sobre todo, unha grande mellora na calidade lumínica.
O alcalde, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “foi adxudicada a obra de cambio de alumeado do campo de fútbol de Malates. É unha obra moi demandada por todos os usuarios do campo de fútbol posto que o alumeado existente é deficiente. É necesaria para poder usar con total normalidade estas instalacións e, aproveitando os fondos que lle tocan ao Concello de Foz do Plan Único, da Deputación, o equipo de goberno decidiu financiar con ese fondo esta obra, que é importante”.
Javier Jorge Castiñeira explica que “a obra foi adxudicada provisionalmente á empresa Aneumled, que é de Zaragoza e foi a que mellor oferta presentou. En total son 24 proxectores, repartidos nas catro torretas xa existentes, en LED, o que vai rebaixar moito o consumo eléctrico, pero sobre todo vai mellorar con moito a capacidade lumínica e as condicións para poder adestrar e usar de noite estas instalacións”.
O rexedor engade que “en poucas semanas empezarán os traballos. Esperemos que estean o antes posible dispoñibles as instalacións para todos os usuarios, porque son moitos os que utilizan o campo de fútbol de Malates”.

Exit mobile version