Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Foz adxudicou a mellora dos alumeados públicos nas rúas Breogán e Illanova

Foz, 18 de outubro de 2018. O Concello de Foz adxudicou hoxe, xoves, a mellora dos alumeados públicos nas rúas Breogán e Illanova. Esta obra suporá un investimento de 34.000 euros. Anuncio o alcalde, Javier Jorge Castiñeira.
“Hoxe o Concello de Foz vén de adxudicar unha obra importante, que afecta ao alumeado público das rúas Breogán e Illanova, que son dúas vías nas que reside moita xente e ademais hai hostalería. É necesario cambiar o alumeado porque está completamente desactualizado. As luminarias que hai a día de hoxe son postes con esferas, totalmente en contra dos parámetros que hoxe en día se piden tanto para a mellora lumínica como para o gasto enerxético”, explicou o rexedor municipal.
Javier Castiñeira engadiu que “a obra consistirá en colocar novos báculos e luminarias tipo LED para mellorar o aforro enerxético pero tamén a estética das rúas e ademais a calidade lumínica nas beirarrúas e na vía pública. É unha obra importante e necesaria, que se recomendaba facer dentro da auditoría do alumeado público que ten feita o Concello. Tratamos de ir salvando os puntos negros que hai no alumeado público de Foz faise esta obra, que vai con cargo ao Plan Único, da Deputación. O Concello fixo uso dos fondos que lle corresponden para dotar esta obra, que custará uns 34.000 euros e que foi adxudicada á empresa Otelec, que é unha firma local e foi a única que participou no concurso”.

Exit mobile version