Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Mondoñedo pon a disposición dos veciños unha APP para achegarlles toda a actualidade municipal a través do móbil

Mondoñedo, 17 de outubro de 2018.- O Goberno local do Concello de Mondoñedo pon a disposición dos veciños e veciñas un novo servizo municipal consistente nunha aplicación (APP) para os móbiles, tanto para os teléfonos android como iOS. A APP ‘Mondoñedo informa’ foi presentada pola alcaldesa, Elena Candia e o concelleiro de Educación, Mocidade e Novas Tecnoloxías, Alberto García, quen explicou que “achegará aos mindonienses as últimas novas do eido municipal, así como avisos, axenda cultural e alertas. Ademais, será posible empregala para comunicar as incidencias na contorna”.

En resumo, os veciños e veciñas disporán a través do teléfono de toda a actualidade municipal de xeito inmediato. A día de hoxe a aplicación está xa en marcha, nun período de adaptación de contidos, que se irán actualizando pouco a pouco. Os que accedan estes días poderán encontrar toda a información sobre as San Lucas, así como o programa íntegro das Festas e Feiras máis antigas de Galicia.

Información completa sobre o Concello
Entre a información que vai proporcionar a nova ferramenta estará a axenda de eventos en Mondoñedo, as novas que xere o Goberno municipal, avisos sobre cortes de luz ou de tráfico, así como os bando de Alcaldía e outras notificacións. Os cidadáns tamén poderán comunicar as incidencias que teñan lugar no seu entorno.

Cómo desfrutar deste servizo

Aqueles que dispoñan dun teléfono Android pode descargar a APP de e formas:
• En Google Play (Play Store), buscando a app como “Mondoñedo Informa”.
• -A través da seguinte dirección: https://play.google.com/store/apps/details?id=es.bandomovil.mondonedo.informa
• -Mediante o código QR da esquina superior esquerda deste anuncio.

Para os que dispoñan dun teléfono iOS (iPhone) a APP pódese descargar de tres formas:
• En App Store buscando a app como “bandomovil”.
• -A través da seguinte dirección: https://itunes.apple.com/us/app/bandomovil/id1049832681?l=es
• -Mediante o código QR da esquina superior dereita deste anuncio.
Unha vez instalada a APP en iOS, o servizo iniciarase seleccionando Mondoñedo Informa.

Tamén se poderá ter acceso a toda a actualidade municipal por correo electrónico tramitando a alta no enlace: http://www.bandoemail.com ou vía web en http://www.bandomovil.com/mondonedo

Exit mobile version