Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Viveiro vén de facer balance das colaboracións económicas realizadas por comerciantes, hostaleiros e hoteleiros para as Festas de Verán 2018

Viveiro 15-10-18. O Concello de Viveiro vén de facer balance das colaboracións económicas realizadas por comerciantes, hostaleiros e hoteleiros para as Festas de Verán 2018.

Cómpre explicar, en primeiro lugar, que o concello remitiu 280 cartas destinadas a empresarios do Concello de Viveiro solicitando a súa colaboración económica, totalmente voluntaria, para axudar a sufragar os gastos derivados da organización das festas de verán, que asume o concello.

Como resposta a esta petición realizáronse 74 ingresos, resultando o seu importe total, a data 10 de outubro de 2018, de 8.565 euros. Destes, 4.835 euros corresponden a doacións de comercios e outro tipo de establecementos; 1.470 euros foron ingresados por hoteis, hostais e similares; 760 euros corresponden a ingresos de restaurantes; e 1.500 euros foron ingresados por titulares de bares.

Dende o Concello de Viveiro quérese agradecer publicamente a todos aqueles que coas súas achegas contribuíron ao financiamento das Festas de Verán.

Exit mobile version